badge

sexta-feira, 12 de abril de 2013

Apoio ao Festival Internacional de Teatro de Expresión Ibérica do Porto, pela Revista Galega de Teatro

A Revista Galega deTeatro manifesta a súa estupefacción e o seu pesar ante a decisión da DG Artes de non dar apoio ao Festival Internacional de Teatro de Expresión Ibérica de Porto. O desamparo no que con esta decisión da administración pública coloca a este festival histórico pon en risco a súa supervivencia e supón un atentado cara un evento de relevancia tanto para a cidade do Porto como  Portugal e o resto da Península Ibérica. 

A Revista Galega de Teatro quere destacar a importancia do FITEI á hora de tender pontes entre culturas, descubrir compañías e servir de punto de encontro entre creadores e espectadores. O FITEI é, ante todo, patrimonio inmaterial da cidadanía e obrigado poder público é o seu coidado e a súa conservación.

A RGT desexaría chamar  á reflexión ás autoridades competentes  e para paliar este mal endémico que padecemos: a falta de respecto, de sensibilidade e de sentido común por parte dasinstitucións “públicas” á hora de desmantelar nun suspiro proxectos e iniciativas que con suor, alentos e desalentos se foron construíndo ao longo dos anos.

Revista Galega de Teatro

Sem comentários: